O período político que denominamos Restauración e que abrangue, como se sabe, desde a I República até a Ditadura de Primo de Rivera, é dicir de 1874 a 1923, caracterizouse pola prevalencia do sistema de turno (alternancia entre os dous partidos monárquicos: liberal e conservador) e máis polo caciquismo.
As eleccións resolvíanse con pactos previos e repartos de zonas de influencia.
Esta gran estabilidade, despois de case un século de pronunciamentos militares e mesmo de revolucións como a de 1868, non abonda, sen embargo, para explicármonos a permanencia de Ángel Urzáiz durante nada menos que corenta anos como deputado a Cortes polo distrito de Vigo. Neste artigo trataremos de ofrecer algunhas claves da súa biografía política que de paso sirvan para comprender as razóns de súa longa permanencia nunha das máis altas responsabilidades locais