Da harmonización fiscal fálase moito en Europa, pero está lonxe de existir un consenso sobre a súa implantación real e completa. Non se trata dun proceso de igualación, senón dunha forma de coordinación, pero aínda así o progreso é moi relativo. Máis alá das declaracións esencialmente retóricas, e dando por suposto a realidade da imposición indirecta, que camiñou xa un treito moi relevante, non son de recibo prácticas recorrentes de dumping fiscal, por sinalar un exemplo ben explícito.