Iria Buján Vázquez, María José Cagiao Vila, Paloma Cainzos Orduna, María del Mar Lamoso Varela, Juan Esteban Méndez Leiva
Trátase de efectuar unha aproximación á diagnose organizacional e á posición actual da Tesourería municipal de Rianxo, co fin de establecer para os vindeiros 24 meses unhas liñas estratéxicas de actuación a desenvolver e concretar en proxectos e accións que sirvan como base para o deseño dun máis profundo e ambicioso plan estratéxico de dirección. Tras a análise DAFO xeral baseada en entrevistas e cuestionarios pasados ao persoal do concello e unha pequena consulta aos usuarios do servizo, concrétanse cinco específicas áreas de análise ás que se lles aplica a mesma técnica diagnóstica e, a continuación, un CAME, para extraer finalmente cinco liñas estratéxicas que pretenden corrixir deficiencias, reorientar modos de facer as cousas, potenciar as fortalezas e aproveitar oportunidades de cara a unha mellora integral do servizo.
The aim is to make an approach to the diagnosis of the organization and the current position of the Rianxos ́s municipal Treasury, in order to establish for the next 24 months some strategic lines of action to develop and realize projects and actions that serve as the basis for the design of a deeper and more ambitious executive strategic plan. After the SWOT analysis based on interviews and questionnaires conducted by council staff and users ́ consultings about the services, it has been analyzed five specific areas in which we apply the same technique of diagnosis. Then, a CAME analysis is performed to get five specified and strategic lines in order to correct deficiencies, to redirect the way of doing things, to enhance the strengths and to seize opportunities ahead of a global improvement of service.