No presente traballo de natureza exploratoria faise unha aproximación á limitación de tempo como elemento persuasivo nas promocións de vendas. Esta limitación de tempo non só se materializa na fixación dunha data a partir da cal non se pode participar na promoción senón que o anunciante intenta transmitirlles aos consumidores unha sensación de escaseza coa intención de que o valor percibido do incentivo promocional aumente. Ademais, realízase unha avaliación do grao informativo dos anuncios promocionais recollidos, facendo unha análise descritiva por categorías de produto. Por último, establécense as principais conclusións e propóñense futuras liñas de investigación