Ana Isabel Gueimonde Canto, María Isabel Diéguez Castrillón, Ana Isabel Sinde Cantorna
Este traballo examina as relacións de poder interempresarial que se manifestan nun subsistema de empresas configurado como sistema de valor. O obxectivo da investigación é duplo: caracterizar as estruturas de poder asimétrico que se desenvolven neste marco e investigar a influencia do poder interempresarial sobre o rendemento organizativo. A evidencia empírica obtívose do sector da serra da madeira de Galicia e do País Vasco. Sobre estes datos, o estudo presenta resultados que sustentan que o concepto de poder ten múltiples dimensións e indican que as relacións de poder inherentes á cadea interempresarial condicionan significativamente a xestión das empresas