O artigo analiza o carácter pioneiro dunha das obras claves do feminismo-O segundo sexo- a luz da filosofia feminista actual. O concepto que so elixiu como eixo conductor das argumontacións é o de suxeito. Son tres as razóns para a elección da subxectividade como tema do traballo. Primeiro, debido á importancia que ten na filosofía moderna a constitución da subsectividade. Segundo, unha boa parte das críticas do chamado pensamento posmoderno atinxen directamente á noción clásica de suxeito. Terceiro, para a teoría feminista é unha noción sometida a debate constante xa que ten unha repercusión inmediata na categorización ou non das «mulleres» como suxeitos políticos con capacidade de acción. Este traballo ten por obxectivo ofrecer unha lectura de Simone de Beauvoir que reinterpreta o seu pensamento deudo a clave da dicotomía modernidade/posmodernidade tomando como base de discusión a noción de subxectividade que subxace a O segundo sexo.
Palabras clave: Simone de Beauvoir, filosofía feminista, postmodernidade, subjetividade, suxoito «mulleres», maternidade.