Os Tamara foron algo máis que un conxunto: foron así como unha orquestra con son de individualidade. Non se apoiaban na guitarra eléctrica porque podían permitirse o luxo -non tan corrente nos últimos tempos- de pasar por unha gran variedade de instrumentos, variedade reservada a quen non son un produto do momento, senón ver dadeiros músicos feitos a base de estudos. Saltaron da súa Galicia natal polo extranxeiro, despois de endurecerse ao longo e ancho de toda España. Pero o éxito esperáballes fóra das nosas fronteiras. O público de diversos países converteu Os Tamara en figuras. París deulles un gran recoñecemento. O Olympia -a catedral da música lixeira neses anos- consagrounos. Cando volveron a España eran: xa algo máis que un grupo de mozos animosos en busca da sorte, eran uns artistas totalmente formados, coñecedores do gusto doce do triunfo