O estudo do Profesor Cabeza pon de manifesto as diferentes formulacións do traballo que se realizan nos mercados laborais e que se consideran atípicos. Analízanse para iso as formas máis comúns de traballo atípico e os instrumentos internacionais que reglamentan as condicións de traballo incluídas en tal definición, sinalando os vínculos entre traballo atípico e as situacións de vulnerabilidade.