A radiodifusión galega no exterior ocupa un lugar importante pero pouco coñecido na historia da nosa emigración. Neste texto tratamos de establece-las principais características dos programas radiais conducidos por emigrantes así como a distribución dos mesmos no espacio e no tempo. A maior parte destas audicións poden localizarse en Bos Aires e será na etapa do exilio cando aparezan algúns dos títulos máis emblemáticos, que hoxe poden ser cualificados como históricos.