A realización e exposición de seminarios é considerada unha ferramenta moi valiosa para o desenvolvemento das competencias transversais do alumno. A súa coordinación por parte de tres materias anuais do primeiro curso de bioloxía, racionalizou por un lado o traballo do alumno e por outro permitiu unha titorización máis personalizada por parte do profesor.