Este texto é unha crónica inicial sobre o pazo da Raposeira, unha casa señorial viguesa cuxa historia e arquitectura reflicten a evolución do poder rural galego. A través dun esbozo xenealóxico e construtivo, preséntanse as principais transformacións impulsadas polas familias Araúxo, Arce e Montenegro-Saavedra, ata a súa conversión en ben público. Así mesmo, incorpóranse novas achegas sobre a dimensión social da familia Montenegro, froito do achado de documentación inédita, que permite coñecer á vida cultural da época. Non pretende ser un estudo exhaustivo, senón unha aproximación ao seu valor patrimonial e á súa importancia como testemuño da memoria local.