Santiago de Compostela, España
A transformación cara un modelo de desenvolvemento sostible que implica a Axenda 2030 das Nacións Unidas supón retos globais, nos que resulta necesaria a implicación de múltiples actores. A educación é un vector clave para formar cidadáns que consideren a sostibilidade e que a incorporen nos seus perfís profesionais. Os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) presentan unha clara dimensión urbana, porque as cidades son lugares de oportunidades, mais tamén concentran os principais problemas sociais e ambientais. Tendo en conta o lema de non deixar a ningún lugar atrás, cómpre adaptarse a cada un dos territorios, sendo oportuno localizar os ODS. Nese proceso, a axenda urbana como instrumento de reflexión e planificación resulta de utilidade. Entre os actores locais, destaca o papel dos gobernos municipais e das universidades. No caso da universidade pode promover a sostibilidade tanto como actor social como a través das súas funcións tradicionais de docencia e investigación. Este artigo realiza unha achega á Axenda 2030 dende a dimensión docente. Así, baséase nunha experiencia de innovación docente universitaria orientada ao desenvolvemento sostible nunha materia do Grao en Economía. Trátase dun proxecto de aprendizaxe servizo, metodoloxía activa que consiste en aprender prestando un servizo á comunidade, centrada en coñecer a situación dos ODS en Santiago de Compostela no contexto da elaboración da súa Axenda Urbana 2030. Pode considerarse unha iniciativa de sostibilidade curricular dende abaixo cara arriba. Inclúese o desenvolvemento sostible na programación docente a través dos catro elementos centrais de competencias, contidos, metodoloxía e avaliación, en coherencia co enfoque holístico da educación para o desenvolvemento sostible. Ademais, trátase dunha experiencia cun percorrido de seis cursos académicos. Descríbese a experiencia e preséntanse os seus principiais resultados, tanto dende a perspectiva da prestación do servizo á comunidade local, como da mellora na adquisición de coñecementos e de competencias transversais.
The transformation towards a sustainable development model entailed by the 2030 Agenda of the United Nations involves global challenges, in which the engagement of multiple actors is needed. Education is a key vector to train citizens to consider sustainability and to incorporate it in their professional profiles. Sustainable Development Goals (SDGs) show a clear urban dimension because cities are places of opportunities, but they also concentrate the main social and environmental problems. Taking into account the slogan of leaving no place behind, it is necessary to adapt to each of the territories; indeed, to locate the SDGs. In this process, the urban agenda becomes useful as a tool for strategic reflection and planning. Among the local actors, the role of municipal governments and universities stands out. In the case of the university, it can promote sustainability both as a social actor and through its traditional functions of teaching and research. This paper approaches to the 2030 Agenda from the teaching dimension. Thus, it is based on an experience of university teaching innovation addressed to sustainable development in a subject of the Degree in Economics. It is a service-learning project, an active methodology that consists of learning by providing a service to the community, focused on knowing the situation of the SDGs in Santiago de Compostela within the framework of the elaboration of its Urban Agenda 2030. It can be considered a curricular sustainability initiative from a bottom-up approach. Sustainable development is included in the teaching program through the four core elements of competences, contents, methodology and evaluation, in accordance with the holistic approach of education for sustainable development. In addition, this experience extends over six academic years. The paper also describes the experience and its main results, both from the perspective of service provision to the local community, as well as the improvement in the acquisition of knowledge and transversal competences.